No curso do mundo hai de vez en cando momentos —explicou o mestre Hora— no que as cousas e os seres, até o máis alto dos astros, colaboran dun modo moi especial, de modo que poida ocorrer algo que non tería sido posible nen antes nen despóis. Desgraciadamente, os homes non son demasiado afortunados ó usalas, de modo que as horas astrais pasan, moitas veces, sen que ninguén se decate. Pero si hai alguén que a reconoza, pasan grandes cousas no mundo.

Momo, Michael Ende

30/11/2016

ENCONTRO MAQUETEIRO O 8/12


O xoves 8 de decembro, a partir das 16:00, teremos unha das citas grandes desta fase do proxecto. O Sanjurjo de Carricarte abrirá as súas portas para toda a comunidade educativa, e poderemos ver de primeira man as maquetas dos nenos e nenas, así como parte do inspirador traballo que o profesorado levou a cabo na aula.

Logo, as familias poranse mans á obra, traballando tamén no formato de maquetas para darlle forma aos desexos dos nenos e nenas e achegar as ideas para un patio mellor. As propostas de mantemento básico do centro (verxas oxidadas, chan azul do polideportivo, falta de zonas cubertas, etc) xa quedaron mapeadas nas enquisas do curso pasado, e, aínda que forman parte doutra partida económica, seranlle entregadas ao Concello no informe final. No que nos centraremos nesta sesión é en adentrarnos en cuestións de adaptabilidade para o xogo e a aprendizaxe.

Todas as propostas das maquetas serán avaliadas por un xurado creado alí mesmo por sorteo, e iremos recollendo as ideas que nos permitirán confluir nunha proposta final. Esta será presentada ao equipo técnico municipal en xaneiro, xunto cun informe que recolla todas as informacións desta fase.


Máis información sobre as actividades destes días….

En sociocultural@rexenerando.com. Seguimos!


30/11/2016

O NOSO PATIO CONTINÚA!


Pois si. Houbo máis vida despois da inspiradora xornada do Proxecta Patios, na que, como colofón a todo o traballo do curso pasado, a comunidade escolar do Sanjurjo de Carricarte humanizou os patios do cole.

E desde aquela, que pasou? No verán, o equipo directivo do centro reuniuse coas Concellarías de Educación, Participación e Rexeneración Urbana, que amosaron moito interese en todo o proceso levado a cabo ao longo do curso. Así foi que decidiron apoiar economicamente O Noso Patio, comezando cunha pequena fase de mediación que axudara á comunidade escolar a recoller as ideas para o patio dun xeito unitario e coherente.


QUE FIXEMOS DESDE OUTUBRO?

Esa é, xusto, a fase na que nos atopamos. O equipo de mediación externo, encabezado por Ánxela Blanco e Olga Romasanta (da cooperativa Rexenerando), leva desde finais de outubro no centro traballando con todos os círculos de participación (familias, profesorado, persoal non docente, Concellarías, e, sobre todo, nenos e nenas!) para coordinar as súas achegas e poder achegarnos a esa proposta de patio soñado.

Nesta parte, o alumnado está sendo un grande aliado. O grupo de 5º de EP está colaborando nas tarefas de mediación do proxecto, e 6º, a través da materia de Obradoiro para a Comunicación, está facendo o propio para ter a toda a comunidade informada dos avances que se van facendo.

Varios membros do profesorado están tamén traballando desde a súas disciplinas temas que teñen que ver con como xogamos no patio, referentes de patios noutros países, ou a parte dos planos e as maquetas.

Ademais, fíxose unha presentación aberta ao barrio o xoves 10 de novembro, no que compartimos con persoas das diversas entidades o desenvolvemento e obxectivos do proxecto, entendendo que a súa colaboración como veciñas e veciños pode ser moi interesante en fases vindeiras.


TRABALLANDO CON MAQUETAS DOS PATIOS QUE QUEREMOS

Nestes últimos días, o equipo de mediadoras estivo facendo obradoiros con todo o alumnado de EP, no que, a través dun conto, se abordaba o patio que precisarían para divertirse todos e todas, atendendo tamén á faceta ambiental. Despois, o alumnado púxose mans á obra para intervir en maquetas do cole, volcando nelas as súas ideas para ese patio desexado.

Tobogáns xigantes, estanques, invernadoiros, tirolinas, pistas para diferentes deportes, cabanas… A súa creatividade é desbordante! Toca nas próximas semanas cruzar os seus desexos coa mirada adulta e as necesidades das familias.


Máis información sobre as actividades destes días….

En sociocultural@rexenerando.com. Seguimos!




CURSO 2016-2017


29/05/2016

ULTIMAS PUNTUALIZACIÓNS RESPECTO Á FESTA DO 4 DE XUÑO


Respecto ós obradoiros que imos desenvolver debemos puntualizar que:

OBRADOIRO DE PAPEL:

O obradoiro de papel, pasa a ser de decoración; con materiais reciclados imos facer botellas móviles, pompóns decorativos e forrar as árbores do patio. Para isto precisamos que se acheguen os seguintes elementos: botellas de plástico pintadas, camisetas de cores vellas para romper, lá para facer pompóns.
Estes materias se poden traer ó longo da semán ou ben o propio día da festa
As nosas ideas de traballo son estas:

Ideas de traballo

Así mesmo faranse uns papeliños plásticos con desexos e frases dos cativos para colgar por distintos puntos, polo que o tema da lá resulta bastante necesario.

MAIS PAÍS E NAÍS:

E preciso que mais país e nais se animen a participar nos obradoiros de cartón, bloques e papel-decoración para que os actuais responsables poidan descansar e alternar tarefas.

OBRADOIRO DE CARTÓN:

Dada a ausencia de adultos para traballar no obradoiro de cartón, este pasa a ser de xogo libre con este material, porén se precisan persoas para a recollida de cartón que se realizará o mércores día 1 de xuño a partir das 16:30 horas. Actualmente contamos cunha tenda que nos facilitará cartón e caixas de ovos, pero cada un de vos pode solicitar cartóns nos comercios/supermercados que teñan mais a man para ser recollido o mércores (debedes de avisar dos puntos en dirección como mais tardar o martes).

O DÍA DA FESTA:

As persoas que desexen axudar a montar os talleres e preparar o material deberán achegarse ó colexio o día 4 de xuño a partir das 10:30 da mañá.


Este é un proxecto de todos e para todos, polo que precisamos mans colaboradoras que se animen a traballar.

¡ MOITAS GRAZAS !


18/05/2016

RESUMO DA REUNIÓN 18 DE MAIO DE 2016


Na terceira e última reunión do presente curso escolar o debate centrouse principalmente na organización de talleres/actividades da festa do 4 de xuño.
Respecto ós outros temas destacados na orde do día compre clarexar o seguinte:

ULTIMAS ACCIÓNS DO PROFESORADO:

Estase a elaborar un percorrido 'turístico' cos alumnos de 6º curso co obxecto de iniciar o proxecto co alumnado. Esta previsto que entre o 23 e o 30 de maio os alumnos de 6º fagan de guías e roteiros polo patio a pequenos grupos de alumnos doutros cursos.

ENQUISA:

Debido a ausencia das persoas que están a traballar neste documento, así como polo escaso tempo que resta cara o final de curso este tema quedou adiado ata o mes de setembro

FESTA 'PROXECTAPATIOS' DO 4 DE XUÑO:

Como actividade principal de inicio do Proxecto do Patio e finalización do curso escolar, o vindeiro 4 de xuño (sábado) celebrarase ó longo de todo o día unha festa/xantar no Colexio.
Acordouse nesta reunión que esta festa se realizase para as familias do colexio, co obxecto de comezar o Proxecto implicando á comunidade escolar do Centro. Así mesmo acordouse que cada familia se encargará da comida tipo 'picnic' que se fará durante o día, cunhas recomendacións xerais 'picnic-pack'.
Respecto ás actividades a realizar durante o día, ademais do xogo libre, a charla e diversión de pais e nenos, trataremos de desenvolver os seguintes obradoiros:

Obradoiros a desenvolver
  • Obradoiro de música e espectáculos: tentaremos que algún grupo do barrio e artista invitado amenicen a festa coa súa arte. Están como voluntarios neste tema os pais/nais: Moncho e Paco.
  • Obradoiro de bloques: haberá un espazo para xogo de bloques e construcións. Están como voluntarios neste taller os pais/nais: Alberto.
  • Obradoiro de botellas/xardinería: será un espazo adicado á semente e reciclaxe de botellas e outros materiais co obxecto de facer pequenos xardíns ó longo do patio. Están como voluntarios neste obradoiro os pais/nais: Silvia, Sonia e Pablo.
  • Obradoiro de botellas/circuíto: realizarase un circuíto con botellas de plástico recicladas con auga de cores, polo que se traballará con tintes e auga. Están como voluntarios neste obradoiro os pais/nais: Blanca e Veronica.
  • Obradoiro Mural: pintaremos parte dos muros do patio coa axuda dunha bocexo. Están como voluntarios neste obradoiro os pais/nais: Chema e Verónica.
  • Obradoiro de cartóns: xogo de imaxinación e reciclaxe para elaborar figuras/xoguetes/máscaras ou calquera cousa que se nos ocorra grazas o cartón reciclado. Están como voluntarios neste obradoiro os pais/nais: Susana e Silvia.
  • Obradoiro de papel: faranse flores, papaventos, cometas, cintas de cores... que servirán de decoración dos muros, árbores e espazos do patio. Están como voluntarios neste obradoiro os pais/nais: Ana e Eva.
  • Obradoiro de libros: contaremos coa axuda da Biblioteca Municipal de Monte Alto para a provisión de libros e contos. Están como voluntarios neste obradoiro as mestras: Luz e Isi.

Para os obradoiros de botellas precisarase a recollida de botellas de plástico transparente de distintos tamaños, polo que nos vindeiros días colocarase no Colexio un contenedor para botar as botellas valeiras (e limpas).

Así mesmo precisaranse persoas que se ofrezan para a recollida de material, unha vez finalizados os talleres.

O número de persoas voluntarias para cada obradoiro e claramente insuficiente, precisamos de mais pais e nais que nos boten unha man e nos axuden coas quendas e materiais. Por isto o vindeiro MÉRCORES 25 DE MAIO AS 16:00 haberá unha reunión no Colexio. Esta reunión farase por grupos de obradoiros, para que as persoas interesadas decidan sobre as activades concretas a realizar en cada obradoiro así como os materiais precisos e o sistema de traballo.
Animámosvos a todos e todas a acudir.
Non obstante, se non podedes acudir á reunión e igualmente desexades ofrecer os vosos coñecementos en calquera dos obradoiros descritos podedes poñervos en contacto cos vosos 'patiocomunicadores' nos grupos de whatssap para concretar datos.

Agardamos que o propio día da festa, todos os nenos e nenas xunto cos seus pais e nais poidan acudir a divertirse en todos os talleres propostos.

PICNIC-PACK:

Cara o día da festa, e en previsión da duración e actividades a realizar, queremos deixarvos algunhas recomendacións respecto as cousas que debedes traer convosco, estas son:

PICNIC-PACK cara o día da festa
  • Ilusión e gañas de traballar e divertirse
  • Algo de comida para ti e a túa familia
  • Roupa cómoda, sombreiros e protectores solares
  • Mantel de 'picnic' (a ser posible de cores)
  • Mudas de roupa para todos (incluso varias)
  • Xoguetes variados
  • Globos de auga
  • Calquera material de apoio que queirades achegar para os talleres e que teñades por casa (purpurinas, pinturas, ...)
  • Elementos de descanso (coxíns, sillas, colchonetas de aire, sombrillas,...)

06/05/2016

RESUMO DA REUNIÓN 4 DE MAIO DE 2016


Nesta segunda reunión continuouse na orde do día fixada, falando de catro temas principais:

ULTIMAS ACCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR:

O 3 de maio representantes do Consello Escolar presentaron un escrito dirixido a Belisario (xefe do Servizo de Educación do Concello da Coruña) no que se describe o proxecto O Noso Patio e se solicita a colaboración do ente municipal. O documento pode ser consultado na web do Colexio e tamén dende aquí. Na reunión procedeuse á lectura completa do documento.

MECANISMOS DE COMUNICACIÓN A PAIS E NAIS:

Aprobouse establecer un sistema de comunicación no tocante ás reunións ou calquera outra novidade respecto o Proxecto a través dos grupos de whatsApp das aulas, non sendo exclusivo doutros sistemas que tamén complementarán este pero dada a súa axilidade se utilizará cara as videiras convocatorias ate final de curso. Así mesmo nombráronse un grupo de 'paticomunicadores' encargados de transmitir as mensaxes co obxecto de non saturar os grupos. Estas persoas son:

Paticomunicadores
  • 3º EI:Rosa
  • 4º EI: María
  • 5º EI: Eva
  • 1º EP: María/Cris/Marta
  • 2º EP: Silvia
  • 3º EP: Sonia
  • 4º EP: Ana
  • 5º EP: Silvia Couso
  • 6º EP: Neste curso ó existir varios grupos de whatsApp distintos a comunicadora será Ana (a mestra)

Así mesmo poderanse aportar ideas, colaboracións e aportación diversas a través do foro do patio: http://onosopatio.foroactivo.com

ENQUISA:

Como un dos sistemas de recollida de opinións e visións sobre o proxecto estase a traballar nunha enquisa de opinión cara os pais e nais. Nesta reunión analizouse o contido da enquisa, os obxectivos da mesma son recoller nunha serie de preguntas curtas (que permitan a posterior decodificación) unhas impresións xerais de todos os pais e nais e fomentar o coñecemento do Proxecto. A súa aprobación quedou adiada cara a vindeira reunión.

CRONOGRAMA DE ACCIÓNS/ACTIVIDADES:

Respecto ás actividades a realizar para este curso escolar e, dado que quedan escasos meses para a finalización do mesmo, optouse pola realización dunha 'Festa Proxectapatio' na que con distintos talleres e actividades se trate de simular o espazo exterior futuro do patio así como pasar un día de lecer e diversión con familias, profesores e veciños. Algún dos obradoiros propostos foron:

Obradoiros propostos
  • Elaboración de papaventos e cometas
  • Elaboración de flores de papel
  • 'Tapizar' o patio con manteis de cores para facer 'picnic'
  • Traballar con material de reciclaxe como palés e botellas de plástico baleiras para plantar flores e plantas
  • Traballar con elementos de cartón no estilo do proxecto 'delirios de cartón' de Basurama. Podedes consultar este e outros proxectos de reciclaxe na web de basurama.org
  • Respecto a área de lecer se falou de facer intercambios de comida, e/ou cociñar no propio día no Colexio, e/ou que cada familia faga un 'picnic' propio ou compartido co grupo de amigos.
  • Levar música diversa en directo

A festa tratarase de realizar o vindeiro 4 DE XUÑO DE 2016 a partir das 10 da mañá.


ORDE DO DÍA VINDEIRA REUNIÓN

A vindeira reunión quedou fixada cara o vindeiro día 18 DE MAIO AS 4 DA TARDE. Nela trataremos de:

Orde do día da vindeira reunión do 18 de maio as 4 da tarde
  • Informar das novidades de traballo do Consello Escolar, mestres e aulas respecto o Proxecto
  • Aprobar a enquisa e os seus contidos
  • E como punto principal da reunión: planificación da 'Festa Proxectapatio' concrección de actividades, mecanismos de participación, posibles colaboracións, étc

22/04/2016

Se me escoitas di ¡CAMBIO, CAMBIO!

ALGO MOI CHULO VAI PASAR NO SANJURJO


Ola todas e todos,

O pasado día 20 reunímonos nas aulas do cole. Recibimos unha mensaxe de que algo moi chulo ía pasar no cole.

Para as familias que tivestes dificultades para asistir , queremos contarvos todo o que aconteceu.

Reunímonos nas aulas e cada familia foi á clase onde están escolarizados os seus fillos e fillas.

Un grupo de nais/pais encargáronse de comunicar para tod@s o que está a acontecer: ”Un proxecto para facer unha intervención no patio comeza a poñerse en marcha”

O obxectivo é humanizar, facer máis habitable e amigable o patio no que xogan os nosos nenos e nenas, a través de pequenas intervencións que consigan xerar un ambiente máis apracible, protexido e diverso.

Comezamos mirando unhas fotos do patio. Nos facemos conscientes da necesidade de dar unha resposta a esta situación.

O grupo encargado de comunicar como se foi xestando a idea explica, utilizando unha liña do tempo como foi o proceso:

“O ANPA comparte coa dirección o proxecto existente dende anos atrás da reforma do edificio anexo engadindo arranxos necesarios e urxentes no patio, ao mesmo tempo que xorden outras ideas, pero hai un sentimento común sobre a necesidade de intervir e un impulso non só de xerar ideas senón tamén de poñerse a traballar”.

Se elabora un borrador que se convirte nun punto de partida.

Nese borrador figura a seguinte petición ao Concello que transcribimos para o voso coñecemento:

Intervención e reestructuración do entorno exterior do colexio. PATIO E ACCESOS

Para poder realizala solicitamos a Concello a través da Concellería correspondente:

  • Proporlle a idea a un grupo de profesonais que sexa quen de coordinar non só os aspectos técnicos do proxecto, senón tamén de pór en funcionamento dinámicas que permitan a participación dos axentes implicados no proceso.
  • Que o Concello financie o proxecto e o material que poidamos ter que empregar para poñernos man a obra.
  • Partir dun acto participativo.
  • Poder implicarnos como comunidade educativa en todo o proceso de desenrolo do traballo non só coas nosas ideas senón tamén co noso traballo.

Aproveitando unha visita que Silvia Cameán , Concelleira de Asuntos Sociais, fai ao centro, dentro do seu programa de visitas aos centros escolares do Concello, a Directora e a Xefa de Estudos fanlle chegar este borrador para poder estudar a súa viabilidade. A iniciativa é acollida positivamente. Posteriormente, despois das vacacións de Nadal, hai unha reunión no Concello coa Concellería de Participación e máis adiante xa se solicita dende o Concello un orzamento aproximado que elaboran dous arquitectos profesionais (pai-nai do centro). Dito orzamento está enviado ao Concello.

Durante os días 8 e 9 de abril ten lugar no centro un seminario, que ten dúas partes, unha aberta a toda a Comunidade Educativa cunha proxección dun documental e a seguinte en forma de obradoiro a modo de reflexión sobre os espazos de xogo.

Na reunión do día 20 xuntámonos para comunicar o que está a acontecer e facernos partícipes de todo o proceso.

Neste momento tócanos implicarnos, compartir ideas, desfrutar de estar xuntos, estimularnos e coñecernos ao mesmo tempo que imos facendo medrar a IDEA.

Todos e todas podemos contribuír dunha forma ou outra en diferentes fases do proceso. Aproveitemos tódalas habilidades que temos tanto adultos como pequenos.

Co impulso de tod@s moveremos a enerxía necesaria coa firme convicción de que:

Un mundo mellor é posible.


Si que é chulo!!... ¿Como podo participar?


Ata o de agora organizáronse grupos de traballo de pais e nais. Unha das tarefas que se están a estudar neses grupos é artellar o xeito de que todos os pais e nais do cole poidades achegar as vosas ideas, suxestiòns, inquedanzas, preocupaciòns...pero aínda non está rematado.

De momento todo o que queirades compartir ou aportar non deixedes de facelo. Estade atentos a esta web. Dende aquí informarase dos mecanismos para recoller a información. Tamen podedes, de momento, poñervos en contacto cos pais e nais de todas as aulas que xa están nos grupos de traballo.


Imaxes do estado do patio na actualidade

Non se vive nun espazo neutro e branco, non se vive , non se morre, non se ama no rectángulo dunha folla de papel.

M. Foucault